Asociación Cultural Pianística
Pianeiros
Máis información
Hosting por dinahosting.

A asociación

Pianeiros é unha asociación galega de apoio ós pianistas.

Pianeiros é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que quere servir de reforzo e estímulo para os estudantes de piano máis novos da Comunidade Autónoma Galega. Esta asociación naceu co obxectivo de sumarse ós esforzos xa existentes en moitos ámbitos educativos formais e non formais, pero con novos matices.

Pianeiros diríxese a alumnos de piano, pais/nais de estudantes de piano, profesores de piano, ou a calquera a quen lle interese o mundo do piano.

Realizamos actividades diversas que:
- Sirvan de apoio á labor que se realiza nos centros de enseñanza musical reglada.
- Dean difusión á Música "clásica" en ámbitos nos que non é doado chegar.
- Contribúan a vertebrar o acceso á cultura musical en todos os eidos posibles do territorio galego.
- Supoñan un beneficio social engadido.


Apoio aos pianistas

Pretendemos apoiar a amplicación formativa dos estudantes de piano de Galicia que se atopan nas súas etapas iniciais de aprendizaxe musical.

Difusión da cultura

Buscamos favorecer a difusión da cultura musical pianística en todo o territorio da Comunidade Autónoma, especialmente no mundo rural galego.

Estímulo para os estudantes

Queremos favorecer o enriquecimento artístico e técnico dos alumnos de piano galegos, proporcionar oportunidades de divulgación do seu traballo e promover ós novos talentos.

Colaboración con outras entidades

Temos vontade integradora e intención de interactuar cos distintos axentes da comunidade educativa e da vida cultural galega. Buscamos crear sinerxias entre o noso proxecto e o de outros axentes do mundo musical, artístico, social, medioambiental, etc.

Actividades actuais

Nesta sección podedes atopar información sobre as actividades que se van realizar en datas próximas.

Encontros con pianistas (OSG)

2018-2019

Participación no Piano Meeting Ourense

Setembro 2018



Actividades pasadas

Nesta sección podedes atopar información sobre as actividades que se van realizar en datas próximas.

Curso: Do Barroco ao Clasicismo

Xuño 2018

Conto musical: Adelina e o piano durmido

Maio 2018

Ciclo de novos intérpretes

Abril 2018

Conto musical: Adelina e o piano durmido

Febreiro 2018

Encontros con pianistas (OSG)

2017-2018

Participación no Piano Meeting Ourense

Setembro 2017

Presentación oficial da Asociación Pianeiros

Xuño 2017

I Xornadas de Piano Contemporáneo

Febreiro 2017

Encontros con pianistas (OSG)

2016-2017

Faite pianeiro

Únete á nosa asociación!

Solicitude de alta


Para facerte socio de Pianeiros tes que enviarnos este PDF coa solicitude de alta, xunto co xustificante bancario do pago da cuota anual.

Podes enviarnos esta documentación por correo postal á dirección:
Asociación Pianeiros
Rúa Emilio González López nº72 8ºD CP150011 A Coruña

Ou por correo electrónico á dirección:
asociaciónpianeiros@gmail.com


Cuota de inscrición anual e pagamento


A cuota de inscrición anual é de 20€.

Os socios familiares farán unha única aportaciónde 20€ para todos os membros da familia que se fagan socios.

Contacta

Teléfonos: 653358476 - 651196250

Correo electrónico: asociacionpianeiros@gmail.com